Turismo Salvaterra

Lugar da Xacra

Típica casa galega coa pranta en forma de L e construida en pedra do país a comenzos do século XVIII, como se pode ler nunha das pedras do seu interior. A casa “Lugar da Xacra” consta de dous pisos. No piso de abaixo atopamos a cociña, o comedor, e un gran salón ou zona común ademais dun cuarto dobre adaptado para minusválidos. No piso de arriba temos a recepción con outra zona común, a galeria, cinco cuartos dobres todos con cama de matrimonio, e a terraza. Os seis cuartos son dobres, están climatizados e teñen baño con hidromaxe e televisión de plasma. A casa “ Lugar da Xacra” afástese do xeito e decoración da gran maioría das casas que conforman a oferta do turismo rural de Galiza. A diferenza doutras para a decoración da nosa casa prescindimos dos típicos aparellos utilizados antigamente no agro, dos moveis antigos, das lampadas rústicas, etc. Moveis modernos e de diseño, pezas e roupa para o fogar alegres e atrevidas, a mestura da pedra á vista coa colorterapia das tintas das paredes, déronnos coma resultado unha casa moderna cunha decoración moi coidada , que se alonxa de estereotipos, que deixa o rústico e vello á propia casa, a cal é a verdadeira protagonista.

Preto de Vigo e das praias e ben comunicada para coñecer Galiza dun xeito relaxado en excursións dun día.

Características da casa
6 Cuartos
2 zonas comúns
Zona de Xogos
Terraza
Grandes Xardíns
Zona Vinícola propia
Aparcadoiro propio
Zona de cine con DVD e Plasma 32″
Xogos Tradicionais
Internet
Barbacoa